Que se esclarezan os feitos relativos á aparición de toneladas de lixo nas Fragas do Eume

Ya han firmado 87. Ayudanos a llegar a 1000 firmas.
8.7%
Dirigido a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Xunta de Galicia; dxcn@xunta.es.

Explicación da campaña:

As Fragas do Eume consitúen, sen dúbida, un dos paraísos naturais máis coñecidos e recoñecidos do territorio galego. O 30 de xullo de 1997, hai 18 anos, foron declaradas parque nautural e, desde aquel momento convertéronse nun lugar aínda máis emblemático.

En abril de 2012 Galiza presenciou con horror aquel devastador incendio que arrasou máis de 750 hectáreas. Hoxe, máis de dous anos despois, encontramos outro suceso realcionado coas Fragas do Eume que causa estupefacción. Segundo publicou o 4 de xullo o xornal dixital Sermos Galiza (http://www.sermosgaliza.com/articulo/social/toneladas-refugallos-soterrados-pleno-parque-natural-das-fragas-do-eume/20140704110217028848.html) e, dous días depois, Galicia Confidencial (http://www.galiciaconfidencial.com/nova/19816.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter), o corazón deste paraíso natural foi utilizado como vertedoiro descontrolado.

Consideramos que as Fragas do Eume deben ser un templo natural e, por iso, condenamos este desagradable feito. Pedimos xustiza, demandamos que se esclarezan os feitos coa maior celeridade posible e que se depuren responsabilidades.

Publicado por Piratas De Galicia
6 de agosto de 2014
Cuéntaselo a tus amigos
Comentarios de apoyo
Firma esta petición
Nombre
Email
Comparte esta petición
Firmantes recientes
Mark
8 años
Jimena Sanhueza
9 años
Sandra Mª Suárez González
9 años
José Manuel Peña Abeijón
9 años